CONSORCIO
Peche da temporada de concertos no Auditorio con Lugansky e a Real Filharmonía
Logo de case 30 recitais, os concertos da Real Filharmonía de Galicia chegan ao seu fin na temporada 2008/2009. O venres 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia de Santiago, o mestre titular, Antoni Ros Marbà dirixe o peche de estación cun programa que inclúe o Concerto para piano núm. 1 de Chopin e a Sinfonía núm. 2 de Sibelius.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico pide ao ministro de Fomento que axilice a chegada do AVE entre Vigo e Porto
Os membros da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, reunidos en Santiago, acordaron solicitar unha entrevista co ministro de Fomento, José Blanco, para tratar a situación da liña de alta velocidade ferroviaria Ferrol-Lisboa e, en concreto a conexión internacional Vigo-Porto. Segundo afirmou o alcalde de Vila Nova de Gaia e actual presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, "o noroeste da Península non pode quedar atrás, e pasa pola ligazón de Porto e Santiago".
EDUCACIÓN
Clases de reforzo e obradoiros lúdicos para mellorar o nivel de inglés durante o verán
A Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School) volve a abrir as súas portas. Do 4 ao 13 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para esta actividade, a desenvolver no IES Rosalía de Castro, que combina as clases de inglés con obradoiros para mellorar o nivel de inglés durante o mes de xullo.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 260.000 euros para a rehabilitación de elementos especiais de madeira
A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente a concesión de 27 axudas para elementos especiais de madeira, por importe un importe total de 266.033 euros. Na mesma sesión, deuse o visto bo ás bases da convocatoria de subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica destina máis de 100.000 euros á creación e consolidación de novas empresas en Santiago
Ponse en marcha o programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2009, aprobado o 2 de xuño en Xunta de Goberno. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
MERCADOS
Os artesáns santiagueses levan o seu traballo á Feira de Perugia coa colaboración do Concello
Un grupo de artesáns de Compostela participou na Feira Internacional de Artesanía de Perugia (Italia), co apoio da Concellaría de Relacións Institucionais e Mercados, que dirixe Andrés Fariña. A mostra, que comezou o venres 29 de maio e remata o martes 2 de xuño, conta gran prestixio no mercado de artesáns, xa que non está organizada por empresas, senón que é a propia municipalidade a que convida ás cidades a participar.
CONSORCIO
O Consorcio ten en marcha proxectos por máis de 14 millóns de euros
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu conta na súa reunión do martes 2 de xuño do estado das diferentes inversións aprobadas con anterioridade. Neste momento atópanse en fase de execución ou de adxudicación ou de licitación algo máis de 14 millóns de euros.
INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA
As obras de reurbanización de tres rúas de Conxo realizaranse en tres fases para minimizar os efectos sobre o tráfico
O comezo das obras nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire obrigará a cortes de tráfico nesta zona da cidade. As obras desenvolveranse en tres fases, de xeito que os condutores poidan ter sempre algunha alternativa para a circulación. Os cambios estarán debidamente sinalizados con paneis en áreas estratéxicas.
CULTURA
Artes plásticas, música e teatro na programación cultural de xuño en Compostela
Presentouse a oferta cultural do mes de xuño promovida dende a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, na que a arte, a música e o teatro acadarán especial protagonismo.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O Concello convida os veciños da cidade histórica a adornar os seus balcóns
O I Concurso de balcóns da cidade histórica de Santiago quere chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos do casco vello. Por iso, premiará a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns.