ALCALDÍA

A Volta a España traerá tamén a Santiago un percorrido ciclista para os máis pequenos e un parque de lecer na Alameda

26/08/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron a programación de actividades previstas con motivo do remate na cidade da Volta Ciclista a España o 14 de setembro. Haberá unha Volta Junior, un parque de lecer durante dous días na Alameda, un espectáculo de imaxes, luz e son no Obradoiro e un concerto de Russian Red.

Leer más

CULTURA

Ytuquepintas presenta "Soños de area"

26/08/2014

Verán na rúa continúa nas prazas de Compostela. Este mércores 27, se o tempo o permite Soños de area co catalán Ytuquepintas. Será ás 22:00 horas na praza da Quintana.

Leer más

DEPORTES

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións aos clubs deportivos federados

22/08/2014

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba onte xoves as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado correspondentes ao exercicio 2014. Ábrese así dende hoxe e por un prazo de 20 días naturais (ata o 10 de setembro) o prazo de presentación de solicitudes para unha convocatoria á que o Concello destina un total de 200.000 euros.

Leer más
Compartir: