DEPORTES

Área Central acolle este sábado 30 de maio o Día do Deporte Solidario

28/05/2015

As instalacións de Area Central acollen este sábado 30 de maio o Día do Deporte Solidario, un evento que concentrará diversas exhibicións deportivas das entidades da cidade e comarca relacionadas co deporte. O fin é solidario, xa que durante a xornada, de 11:00 a 21:00 horas, poranse á venda rifas por valor dun euro e a recadación irá destinada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción en Raxoi ao Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji

28/05/2015

O Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji, pioneiro en métodos de arrefriamento de átomos con feixes de láser, iniciou esta semana a edición de 2015 do Programa ConCiencia. O físico francés de orixe alxeriana foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán en funcións, Agustín Hernández, e asinou no Libro de Honra da Cidade.

Leer más

CULTURA

O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa presenta en Santiago o seu "Saxo tenor" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

28/05/2015

A compañía lisboeta Teatro Nacional Dona María II ofrece en Compostela a súa versión de Saxo Tenor dentro da programación do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poderá verse na nosa cidade, concretamente no Teatro Principal, este venres 29 de maio ás 17:30 e, de novo o sábado, ás 20:30 horas. As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h); no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com, ademais de...

Leer más

CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

28/05/2015

Remata o mes de maio cunha nova cita do programa Imos ao baile. Este sábado 30, a sesión será no Centro Sociocultural de Vite (rúa de Carlos Maside, 7) a partir das 17:30 horas.

Leer más

EDUCACIÓN

A Concellería de Educación publica a listaxe provisional de novo alumnado admitido na Escola Municipal de Música

28/05/2015

A Concellería de Educación fai pública a listaxe de admitidos provisonais de novo alumnado na Escola Municipal de Música, unha vez finalizado o período de preinscrición. Establécese a apertura do prazo de reclamación de 10 días naturais, contados dende a data da exposición destas listaxes no taboleiro da Escola Municipal de Música, así como nesta web.

Leer más

CULTURA

Puntada sen Fío presenta o seu novo disco, "A lúa prendeu a luz", dentro de Sons’15

28/05/2015

Puntada sen Fío presenta este venres o seu novo disco, A lúa prendeu a luz dentro do ciclo Sons’15. Será ás 21:00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea e as entradas están xa á venda a un prezo de 3 euros. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) ou no mesmo CGAC dende unha hora e media antes de que comece o concerto.

Leer más

EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños poñen en marcha os seus obradoiros de verán

27/05/2015

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños poñen en marcha outra edición dos seus obradoiros de verán. Estas actividades teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre. Ofrécense 45 prazas, 15 para cada escola.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música pecha o curso 2014-2015 con outros tres concertos

27/05/2015

Chega o fin de curso na Escola Municipal de Música e con el tres concertos que servirán para dar a coñecer o traballo realizado durante estes meses. A concelleira de Educación en función, Maite Cancelo, presentou en rolda de prensa estas tres convocatorias, que levarán as diferentes formacións da Escola e espazos coma o Paraninfo da USC, a praza do Toural e o Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: