ALCALDÍA
Representantes da asociación de alzheimer Agadea visitan a Casa do Concello
Representantes da Asociación Galega de Alzheimer departiron co alcalde os seus obxectivos, as actividades que realizan e as súas carencias ante a gran demanda que reciben.
TURISMO
A film commission compostelá promociona á cidade en Londres
A Santiago de Compostela Film Commission estará presente entre o 1 e o 3 de xuño no ‘Broadcast Production Show’ de Londres, o máis importante evento da industria audiovisual do Reino Unido.
CAMIÑO DE SANTIAGO
Inaugurada a Praza da Concordia
No parque de San Lázaro, no tránsito dos peregrinos que rematan a súa andaina, a Praza da Concordia quere evocar o espírito esencial do Camiño, polo que foi recoñecido co Premio Príncipe de Asturias da Concordia.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Póñense en marcha as II Xornadas Técnicas sobre Educación Viaria
Durante os días 26 e 27 de maio, o Departamento de Educación e Mocidade organiza varios obradoiros sobre educación viaria, a fin de mellorar a autonomía viaria do persoal dos centros de ensino e da cidadanía en xeral a súa autonomía viaria.
ATENCIÓN AO CIDADÁN
Os avogados de Santiago poderán realizar os seus trámites co Concello a través de Internet
O Concello de Santiago deu un novo paso cara a facilitar e axilizar os trámites administrativos gracias ao convenio asinado co Colexio de Avogados de Santiago e que permitirá a través da sinatura electrónica realizar numerosos trámites a través de Internet.
TRANSPORTES
Os relatos premiados no concurso de Trapsa, na web do Concello.
Unha narración sobre o subconsciente de Adrián González Sieira, un mozo compostelán de 16 anos, foi o traballo gañador do primeiro concurso de relatos curtos organizado polo Concello de Santiago en colaboración con Trapsa, a empresa concesionaria do transporte urbano, e que agora se poden consultar nesta web.
EDUCACIÓN
Xornada técnica sobre a utilización dos medios básicos de extinción de incendios
No marco do programa Seguridade viaria e na autoprotección "¿Onde está o perigo?", o departamento de Educacion e Mocidade organiza unha xornada técnica para os conserxes dos centros de educación infantil e primaria de Santiago.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o pasado 19 de maio, a Fundación granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público que queira coñecer por dentro esta institución. As visitas guiadas terán lugar ás 12 horas da mañá e ás 17 e 18 horas da tarde.
MEDIO AMBIENTE
Inaugúrase a nova planta de transferencia de Sogama
As autoridades presentes no acto de inauguración puideron ver unha pequena demostración práctica do funcionamento das instalacións, que ocupan unha superficie de 8.000 metros cadrados e que supuxeron un investimento de máis de 1,3 millóns de euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A música centrará as actividades da IV Semana Cultural do Centro Sociocultural das Fontiñas
As actividades que conforman estas xornadas, do 30 de maio ao 4 de xuño, son un compendio da actividade anual que leva a cabo o Centro Sociocultural das Fontiñas, "buque insignia da rede de centros socioculturais de Santiago", segundo explicou Mercedes Rosón, que fixo fincapé na vinculación desta IV Semana Cultural coas festas do barrio de Fontiñas.