FESTAS

A cativada compostelá contará coa súa particular xornada de espectáculos e xogos na Festa Pícara do vindeiro 23 de xullo

05/07/2024

O Parque Eugenio Granell acollerá o vindeiro 23 de xullo, unha xornada de divertimento dedicada especificamente á cativada de Compostela, a Festa Pícara. Trátase dunha xornada encadrada na programación das Festas do Apóstolo que contará con actividades variadas de teatro, música, títeres, obradoiros na lingua propia e poñendo en valor a cultura do país e achegando os pequenos e pequenas á lusofonía a través da música.

Leer más
Compartir: