ACCIÓN CULTURAL
A rede de Centros Socioculturais acolle un amplo programa de exposicións e representacións para festexar o 43 aniversario dos Monicreques de Kukas
A mítica compañía de teatro compostelá Monicreques de Kukas celebra os seus 43 anos de existencia cunha serie de exposicións e representacións que percorrerá os Centros Socioculturais e a Biblioteca Pública Ánxel Casal durante os meses de febreiro, marzo e abril. Esta mañá celebrouse no CSC do Romaño, no que se pode visitar unha mostra con marionetas, decorados e carteis sobre a obra "Don Gaiferos", un acto de inauguración que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo,...
IGUALDADE
"Artellando feminismo" trae un novo programa cargado de eventos para reivindicar o Día Internacional da Muller
Coeducación, feminismo, fenestar, poesía reivindicativa, monólogos, conferencias vivenciais, teatro, coloquios e moitas outros temas e accións conforman un completo programa encamiñado a reivindicar o 8 de marzo e concienciar sobre a importancia do feminismo como ferramenta para acadar a igualdade. A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada de Yara Prieto, responsable de proxectos de Artellando Feminismo, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa do 8M, no que se inclúe o evento "Mulleres de...
ALCALDÍA
O Concello abrirá unha lista para que se anoten as persoas interesadas en dar acollemento a familias ucraínas
A partir do vindeiro luns o Concello de Santiago activará un mecanismo para que quen estea interesado en dar acollemento a familias ucraínas o poña de manifesto. Así o indicou o alcalde en rolda de prensa, na que estivo acompañado pola xefa de Protección Civil de Santiago, Begoña del Río.