ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde participa na primeira sesión para escolares da XVIII Campaña de Animación á Lectura
Xa está en marcha a décimo oitava edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura, que organiza a Concellaría de Educación e Cidadanía en colaboración coa editorial Kalandraka. O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na primeira sesión con escolares do programa, que xira ao redor de A horta de Simón, o título gañador da X edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.
CENTROS CÍVICOS
O barrio de Conxo prepárase para a Festa do Banquete con varios obradoiros de deseño do traxe galego
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta das actividades que o Centro Sociocultural de Conxo acolle co gallo da celebración do Banquete de Conxo, que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de abril. Na rolda estivo acompañada do dinamizador e responsable do CSC de Conxo, Xulio Noia.
ACCIÓN CULTURAL
Ibuprofeno Teatro presenta en Compostela "Casa O’Rei", obra coa que pecha a súa triloxía gastronómica
A compañía Ibuprofeno Teatro presenta esta fin de semana en Compostela Casa O’Rei, obra coa que pecha a súa triloxía gastronómica tras O furancho e Raclette. Faino con dúas función, venres 6 e sábado 7, ambas ás 20:30 horas, no Teatro Principal. O espectacúlo foi presentado esta mañá polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o autor e director da obra, Santiago Cortegoso; e unha das actrices, Marián Bañobre.