ACCIÓN CULTURAL
Nace "Cadernos de Compostela", unha nova colección para a difusión da historia e do patrimonio cultural da cidade
Ofrecer un relato diferente da cidade e descubrir episodios, fitos e personaxes menos coñecidas da historia de Santiago é o obxectivo co que xorde a nova colección Cadernos de Compostela. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a nova publicación nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron a investigadora Mercedes Vázquez Bertomeu, membro do colectivo Dehistoria e unha das autoras responsables do contido desta edición, e Marcos Vigo, ilustrador e deseñador dos...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este mércores unha vítima en Murcia.
ESPAZOS CIDADÁNS
Rematadas as reunións dos grupos focais para a elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica
Máis de medio cento de persoas asistiron nas últimas semanas aos grupos focais convocados para a redacción do Plan de Xestión da Cidade Histórica. Ademais, sete asociacións veciñais e culturais participaron na reunión celebrada onte, coa que se pechou a primeira fase do proceso de participación vinculado á elaboración do documento, unha esixencia da Unesco por ser Santiago Cidade Patrimonio Mundial da Humanidade. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e o...
ESPAZOS CIDADÁNS
Alumnado de Socioloxía Urbana da Universidade da Coruña visita o Concello
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, recibiu un grupo de 40 estudantes de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio, da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Encabezaba a delegación o seu profesor, Manuel G. Docampo.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o novo delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi o novo delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga.