NADAL
Case 120.000 persoas participan nas actividades programadas polo Concello durante este Nadal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo esta mañá un balance da afluencia ás actividades programadas polo Concello durante este Nadal. Tal e como sinalou Novoneyra, "estamos moi satisfeitos e satisfeitas da acollida que tiveron as accións, non só polo número de persoas participantes, senón tamén polo retorno que tivemos ao longo das festas".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Programa de Conciliación de Nadal introduciu a 30 nenos e nenas nas tradicións de varios países nestas datas
O pasado 5 de xaneiro rematou outra edición do Programa de Conciliación de Nadal, que se realizou no CEIP das Fontiñas durante nove xornadas das vacacións escolares destas datas. Nesta edición participaron 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Educación realizou obras durante o Nadal nos colexios Monte dos Postes, Vite e Quiroga Palacios
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, xunto coa técnica do Departamento Susana Papín e o responsable da empresa de mantemento Espina e Delfín, visitaron varios centros escolares da cidade co obxecto de comprobar persoalmente as obras executadas durante as vacacións do Nadal nos colexios Monte dos Postes, Vite e Quiroga Palacios.
CONSORCIO
O prestixioso trompetista venezolano Pacho Flores toca por primeira vez coa Real Filharmonía de Galicia, coa que estreará unha obra súa
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro terá lugar o xoves 11, na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación, tamén ás 20:30 horas. E o sábado ofrecerá un concerto no Palacio da Ópera da Coruña, ás 20:00 horas. A batuta levaraa o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva, colaborador habitual da RFG e actual director titular e artístico da Orquesta ...