ALCALDÍA
O Goberno local mantén este venres un encontro "Ao vivo" cos veciños e veciñas do Ensanche
Este venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle un novo encontro "Ao vivo". Desta vez son veciños e veciñas do Ensanche os convidados a expresarlle ao Goberno local as súas demandas e suxestións. Nesta área viven máis de 15.000 habitantes.
CENTROS CÍVICOS
"Aconteceu un Nadal": relatos e música na rede de centros socioculturais
O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle este venres 15 de decembro, ás 20.00 horas, a primeira entrega de Aconteceu un Nadal: contos e música para un Nadal diferente. A actividade chegará a outros catro centros socioculturais ao longo destas datas, da man de Pepe Sendón, Suso Alonso (piano) e Marcos Teira (guitarra).
ALCALDÍA
O alcalde compromete o apoio do Concello para a Gala do Libro Galego 2018
O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Librarías de Galicia, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega de Editoras. Foi para abordar a celebración da Gala do Libro Galego 2018, para a que Martiño Noriega brindou novamente a colaboración do Concello.
MERCADOS
Os obradoiros "Cociñando coas avoas" ensinan á mocidade a preparar receitas tradicionais
A Aula de Formación da Praza de Abastos acolle hoxe mércores e mañá xoves os obradoiros "Cociñando coas avoas", nos que tres cociñeiras profesionais xa retiradas aprenderán aos máis novos e novas a preparar receitas tradicionais dun xeito doado. As dúas sesións, enmarcadas na programación municipal de Nadal, realizaranse de 18:00 a 21:00 horas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica as obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Pedro de Busto, do século XII, situada na parroquia de Busto. O organismo interadministrativo acaba de adxudicar a obra á empresa Murúa S.C., por un orzamento global de 26.857,56 euros.