DEPORTES

O circuíto XiraKarting instalarase este venres en Salgueiriños, lugar onde tamén se celebrará o Día da Familia

28/05/2015

O Concello de Santiago colabora un ano máis co XiraKarting, que chega á cidade este venres 29 de maio. Ata o domingo 31, os composteláns terán a oportunidade de pilotar un kart no circuíto situado en Salgueiriños. Ademais, nesta novena edición a oferta lúdica complétase coa celebración do Día Internacional da Familia, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM). Na mesma localización do circuíto, durante a tarde do venres, haberá inchables, xogos, actividades e...

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Santiago de Compostela uniuse á celebración do Día do Can sen Raza

28/05/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, xunto con membros do Refuxio de Animais, uniuse á celebración do Día do Can sen Raza, unha iniciativa promovida pola publicación 20 minutos. As actividades desenvolvéronse na praza do Toural entre as 11:30 e as 21:00 horas.

Leer más

DEPORTES

Área Central acolle este sábado 30 de maio o Día do Deporte Solidario

28/05/2015

As instalacións de Area Central acollen este sábado 30 de maio o Día do Deporte Solidario, un evento que concentrará diversas exhibicións deportivas das entidades da cidade e comarca relacionadas co deporte. O fin é solidario, xa que durante a xornada, de 11:00 a 21:00 horas, poranse á venda rifas por valor dun euro e a recadación irá destinada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción en Raxoi ao Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji

28/05/2015

O Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji, pioneiro en métodos de arrefriamento de átomos con feixes de láser, iniciou esta semana a edición de 2015 do Programa ConCiencia. O físico francés de orixe alxeriana foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán en funcións, Agustín Hernández, e asinou no Libro de Honra da Cidade.

Leer más

CULTURA

O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa presenta en Santiago o seu "Saxo tenor" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

28/05/2015

A compañía lisboeta Teatro Nacional Dona María II ofrece en Compostela a súa versión de Saxo Tenor dentro da programación do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poderá verse na nosa cidade, concretamente no Teatro Principal, este venres 29 de maio ás 17:30 e, de novo o sábado, ás 20:30 horas. As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h); no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com, ademais de...

Leer más

CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

28/05/2015

Remata o mes de maio cunha nova cita do programa Imos ao baile. Este sábado 30, a sesión será no Centro Sociocultural de Vite (rúa de Carlos Maside, 7) a partir das 17:30 horas.

Leer más

EDUCACIÓN

A Concellería de Educación publica a listaxe provisional de novo alumnado admitido na Escola Municipal de Música

28/05/2015

A Concellería de Educación fai pública a listaxe de admitidos provisonais de novo alumnado na Escola Municipal de Música, unha vez finalizado o período de preinscrición. Establécese a apertura do prazo de reclamación de 10 días naturais, contados dende a data da exposición destas listaxes no taboleiro da Escola Municipal de Música, así como nesta web.

Leer más
Compartir: