EDUCACIÓN

A obra de secundaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros representouse no Principal

19/05/2015

O Teatro Principal acolleu a representación teatral dos alumnos de secundaria gañadora da vixésima edición do Certame de Teatro Intercentros, promovido pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística. A obra triunfadora foi O incidente, do grupo Vai no Dentista, integrado por alumnos e alumnas do IES Xelmírez I.

Leer más

CULTURA

Estrea absoluta de "Aire no Ar" no Teatro Principal dentro do ciclo Danza 2015

19/05/2015

María Move e Álvaro Reboredo son os protagonistas de AIREnoAR que se estrea este mércores 20 no Teatro Principal ás 20:30 horas, ofrecendo unha nova función á mesma hora o xoves 21. Coreografiada e dirixida por Rut Balbís, está dentro do ciclo Danza 2015. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Teñen un prezo de 8 euros e pode aplicárselle o...

Leer más

CONSORCIO

O músico Pascual Martínez-Forteza, clarinete da Orquestra Filharmónica de Nova York, toca esta semana coa Real Filharmonía

19/05/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 21, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o venres 22 desprazarase a Lugo, onde actuará no Círculo das Artes ás 20:30 horas. En ambas citas levará a batuta o mestre madrileño Carlos Domínguez-Nieto. Foi director titular da Ópera de Cámara de Múnich e, desde 2009, é director titular do Teatro da Ópera de Eisenach, en Alemaña. Dende a súa fundación en 1997, é...

Leer más
Compartir: