COMERCIO

Composteláns e visitantes coñeceron as novidades do comercio da cidade na exitosa terceira edición da xornada Estrea Estilo

11/05/2015

Estrea Estilo, a iniciativa de dinamización comercial promovida Concellaría de Comercio, superou o grande éxito de edicións anteriores, reunindo o pasado domingo no Pazo de San Lourenzo a miles de composteláns e visitantes para coñecer as novidades do comercio da cidade. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, achegouse tamén ata o recinto e puido comprobar o bo ritmo de asistencia e vendas do evento.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Asturias Verdemar", nova viaxe do programa municipal Imos de Excursión 2015

11/05/2015

O programa Imos de excursión 2015 segue coa súa programación a través dos centros socioculturais coa organización dunha viaxe a Asturias os próximos días 6 e 7 de xuño. As persoas interesadas en participar nesta nova visita poderán apuntarse a partir deste martes 12 de maio, dende as 17:00 horas, nos centros socioculturais.

Leer más

CULTURA

Vaudí canta a Víctor Manuel en clave brasileira noutra entrega do ciclo Sons’15

11/05/2015

Vaudí presenta Un poco de ti en Compostela dentro do ciclo Sons’15. O concerto, no que interpreta temas de Víctor Manuel en clave brasileira, será este martes 12 de maio, ás 20:30 horas, no Salón Teatro. As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00h), en entradas.abanca.com e no 902 434 443. Ademais, o propio día do concerto tamén se poden adquirir no Salón Teatro...

Leer más

CONSORCIO

Pascual Martínez, segundo clarinete da Filharmónica da Nova York, formará neste instrumento a intérpretes galegos

11/05/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido clarinetista mallorquino Pascual Martínez-Forteza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co clarinete.

Leer más
Compartir: