XUNTA DE GOBERNO

O Concello incrementa nun 48% o importe total destinado ás bolsas de comedor escolar para o curso 2015-2016

30/04/2015

A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2015/2016, dirixidas ao alumnado de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais, contados a partir da publicación da convocatoria no BOP.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Asignadas as 39 hortas urbanas de Fontiñas

30/04/2015

Rematado o prazo de solicitude de renovación das concesión establecidas en 2013, a Xunta de Goberno acordou asignar o uso das 39 hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo. O uso dos terreos é por dous anos, con posible prórroga anual ata un máximo de 4 anos.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Máis de 400.000 euros para a rehabilitación doutras 21 vivendas no Casco Histórico

30/04/2015

Deuse conta na Xunta de Goberno da sinatura dun novo acordo bilateral coa Xunta de Galicia, no marco das liñas de financiamento previstas polo Ministerio de Fomento no marco do Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, rehabilitación edificatoria e rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. Esta nova fase, a número 13, permitirá a rehabilitación de 21 vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico, cun custo total de 425.846 euros

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Teatro Principal acolleu o espectáculo "Escoitando a Filgueira Valverde"

30/04/2015

Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, a Concellería de Normalización Lingüística organizou no Teatro Principal a representación do espectáculo Escoitando a Filgueira Valverde, nunha sesión especialmente dedicada ao alumnado de secundaria dos centros composteláns e na que participaron 275 estudantes.

Leer más

ALCALDÍA

O Foro da Intermediación e o Emprego pechou a súa cuarta edición con máis de 3.000 asistentes ás súas 62 actividades

30/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausuraron o Foro da Intermediación e o Emprego, celebrado este mércores e xoves no Palacio de Congresos. Esta edición contou coa participación de 3.000 persoas nas 62 actividades de formación e de intercambios. Ademais, ofertáronse 200 postos de traballo polas 63 empresas presentes, para os que se apuntaron máis de 8.000 persoas.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio saca a concurso o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España

30/04/2015

O Consorcio de Santiago licita o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A obra sae a concurso por un importe de 1.213.918,51 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 26 de maio.

Leer más

CULTURA

O público elixirá os temas que quere escoitar no "Carta blanca" de Quique González

30/04/2015

En novembro concluía a xira Soltad a los perros, de José Ignacio Lapido e Quique González, cun éxito de crítica e público que deixou a moitos seguidores con gañas de máis. Poucas semanas despois, Quique González púxose de novo na estrada para percorrer España. Unha xira moi especial durante a que está actuando en teatros e salas de aforo reducido sen máis compañía que a da súa guitarra e a súa harmónica. Así, chega este venres 1 de maio a Compostela,...

Leer más
Compartir: