TURISMO

Turismo de Santiago renova a web de promoción da cidade co obxectivo de superar o millón de usuarios neste ano 2015

01/04/2015

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou a nova versión da páxina web de Turismo de Santiago, www.santiagoturismo.com, principal ferramenta de promoción turística da cidade a través de Internet. Reyes Leis apuntou que o obxectivo desta renovación da web era adaptala ás novas posibilidades tecnolóxicas e as novas demandas dos usuarios, co obxectivo de superar por primeira vez o millón de usuarios únicos anuais.

Leer más

CULTURA

Tobie Miller e Zohreh Jooya & Ensemble Afghan, xornada feminina no Festival de Músicas Contemplativas

01/04/2015

A xornada do xoves 2 de abril do Festival de Músicas Contemplativas terá como protagonistas a dúas mulleres: Tobie Miller e Zohreh Jooya. Comezará a xornada ás 19:00 horas na Igrexa de San Fiz de Solovio con Viaxes… camiños de espiritualidade, onde poderemos escoitar composicións orixinais, improvisacións e adaptacións de temas de varias culturas, así como pezas compostas por Bach transcritas para zanfona por unha virtuosa do instrumento como Tobie Miller. Xa ás 21:00 horas e na Igrexa da Universidade,...

Leer más
Compartir: