XUVENTUDE E SERVIZOS SOCIAIS

A zona vella será escenario do xogo de rol "Fillos do Trono" o sábado 28 de marzo

03/02/2015

A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, presentou en rolda de prensa o xogo histórico Fillos do Trono, que se desenvolverá o sábado 28 de marzo, entre as 11:00 e as 20:00 horas, polas rúas da zona vella de Compostela. Este xogo interpretativo, no que tamén colabora a Concellería de Servizos Sociais a través da UMAD, compleméntase con diversos obradoiros.

Leer más

TURISMO

Santiago acollerá o seminario para hoteleiros "Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo"

03/02/2015

A Concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o seminario Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo, que impartirá Fernando Gallardo o vindeiro 24 de febreiro no Hostal dos Reis Católicos. Fernando Gallardo é un xornalista, escritor, analista de tendencias e novos conceptos no turismo, ademais de ser o crítico de hoteis do xornal El País dende 1987.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse en Alemaña e Bélxica

03/02/2015

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España, tras a súa presenza en Fitur 2015, continúan coa posta en marcha das accións de promoción internacional previstas no Plan Operativo 2015, aprobado pola Asemblea de Alcaldes o pasado 6 de decembro en San Cristóbal de La Laguna. Deste xeito, o Grupo participará en dúas das feiras máis importantes de Centroeuropa, como son a Reisen de Hamburgo (Alemaña) e o Salón des Vacances de Bruxelas (Bélxica), nas que se estará dando a coñecer a oferta...

Leer más

CONSORCIO

O oboísta onubense Lucas Macías toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Vigo

03/02/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves día 5, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. O venres 6 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director alemán Clemens Schuldt, un dos talentos emerxentes máis destacado do seu país.

Leer más
Compartir: