RELACIÓNS VECIÑAIS

"Imos coa asociación" ofrece neste 2015 nove propostas de excursións específicas para os veciños das parroquias do rural

23/02/2015

A Concellería de Relacións Veciñais promove, por cuarto ano consecutivo, o programa Imos coa asociación, que ten como finalidade poñer a disposición das asociacións de veciños do ámbito rural de Santiago unha oferta específica de excursións organizadas que faciliten o encontro e a convivencia entre a veciñanza das distintas parroquias.

Leer más

RELACIÓNS VECIÑAIS

Aberto o prazo de solicitude da colaboración municipal para as festas patronais e populares de barrios e parroquias

23/02/2015

O Concello de Santiago retoma a colaboración coas festas populares e patronais de barrios e parroquias, cumprindo así cun compromiso coas asociacións de veciños que se ven levando plasmando dende o ano 2004 e que se reforzou nos últimos exercicio. En 2014, gozaron destas axudas 46 asociacións de veciños e comisións de festas, das que 32 elixiron o parque de xogos, cinco os grupos de música tradicional, cinco as charangas e corais e catro a festas da escuma. Todas as solicitudes foron atendidas.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca o papel de liderado de Santiago no ámbito das Smart Cities

23/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou o foro Smart City: Santiago Cidade Intelixente, organizado polo grupo El Correo Gallego no Hotel AC Palacio del Carmen. Na súa intervención, explicou as acción postas en marcha polo Concello de Santiago no marco da innovación, da eficiencia enerxética e da modernización da administración e dos servizos públicos.

Leer más

CULTURA

A Banda Municipal ofrece unha gala de zarzuela coa participación da soprano Marta Matheu e do barítono Lluís Sintes

23/02/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, presentou a gala lírica Voces de Zarzuela, que ofrecerá a Banda Municipal de Música este domingo 1 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal, onde estará acompañada da soprano Marta Matheu e do barítono Lluís Sintes. Acompañaron a edil na rolda de prensa o director da Banda, Juan Miguel Romero Llopis, e o presidente da asociación Amigos da Ópera de Santiago, Jesús Couceiro.

Leer más
Compartir: