XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de mellora do pavimento no SUNP-13 do Castiñeiriño

12/02/2015

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización para a mellora do pavimento no SUNP-13 do Castiñeiriño, no ámbito do vieiro autonómico en dirección á Estrada. Segundo explicou o alcalde, Agustín Hernández, esta actuación ten por obxecto resolver as deficiencias que presenta o pavimento resultante das obras de urbanización nesta zona. As obras, cun orzamento previsto de 59.630 euros, serán executadas con cargo ao aval constituído pola entidade O Combarro Cooperativa Galega de Vivendas.

Leer más

FACENDA

Os contribuíntes teñen ata o 28 de febreiro para solicitar o pagamento en tres prazos do IBI deste exercicio 2105

12/02/2015

O concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, presentou a campaña mediante a que se anima os composteláns a acollerse ao pagamento fraccionado do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Os contribuíntes teñen ata o 28 de febreiro para acollerse a esta modalidade de pago en tres prazos, da que se benefician xa 5.000 contribuíntes. O obxectivo municipal é chegar aos 10.000 neste 2015.

Leer más

CULTURA

Chega ao Teatro Principal "O Crédito", con Morris e Pedro Alonso, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

12/02/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, Antonio Durán "Morris" e a produtora Mercedes Castro presentaron en rolda de prensa a última montaxe teatral de Eme2 e Tanttaka, a comedia bancaria O Crédito, que chega a Compostela do 18 ao 22 de febreiro. Será no Teatro Principal, dentro do Bono de Teatro Galego, ás 20:30 horas todos os días agás o domingo, que será ás 20:00 horas.

Leer más

CULTURA

Iñaki Miramón e Toni Acosta presentan "De mutuo desacuerdo" en Compostela

12/02/2015

Os actores Iñaki Miramón e Toni Acosta protagonizan De mutuo desacuerdo, comedia dirixida por Quino Falero, que chega este venres a Compostela dentro do Ciclo de Teatro 2015. Poderá verse ás 20:30 horas no Auditorio Abanca e as entradas teñen un prezo de 18 € en patio de butacas e anfiteatro 1 e 15 € no anfiteatro 2. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de 18:00 a 21:00 horas; no 902 434 443; en entradas.abanca.com ou no propio Auditorio Abanca o día do...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita de Entroido co programa "Imos ao baile"

12/02/2015

Este sábado 14 de febrero, as 20:30 horas, no Local Sociocultural da Gracia (San Silvestre, 6 – A Gracia), sesión do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.

Leer más
Compartir: