EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais celebraron o Día Escolar da Non Violencia e da Paz

30/01/2015

A Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños acolleu a xornada de celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, no que participaron 150 nenos e nenas, acompañados dos seus profesores e profesoras, así como as familias que o desexaron. A actividade contou coa presenza da Concelleira de Educación, Maite Cancelo.

Leer más

PLENO

O plan especial de protección do parque arqueolóxico da Rocha permitirá a posta en valor deste xacemento

30/01/2015

A Corporación municipal aprobou definitivamente e por unanimidade o plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R). Este documento, formulado polo Consorcio de Santiago, ten como obxectivo a recuperación e posta en valor dos restos do castelo e dos elementos asociados, coa creación dun parque arqueolóxico no que se permita a observación, análise e estudo dos devanditos bens culturais.

Leer más

PLENO

O Pleno municipal aproba o protocolo entre o Concello e a USC que fixa as condicións de modificación da ordenanza reguladora do vello hospital provincial

30/01/2015

Na sesión ordinaria de xaneiro, o Pleno da Corporación aprobou o protocolo entre o Concello e a Universidade de Santiago que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5, a redactar polo Concello en base ás propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento da parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial.

Leer más

CULTURA

Teatro, jazz, maxia e clown na programación cultural da fin de semana

30/01/2015

A programación cultural para esta fin de semana presenta catro eventos distintos que nos ofrecen jazz, teatro, maxia e clown. Na xornada do sábado teremos concerto de Roberto Somoza Trío, que presenta dous discos dentro do Sons’15 Jazz, no Principal ás 20:30 horas. Ademais, Elefante Elegante presenta á mesma hora, pero no Salón Teatro, Kassa, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Xa o domingo comezamos ás 18:00 h coa maxia e o clown de Un Ramón de Mandarinas no Teatro Principal, dentro do ciclo Infantil...

Leer más
Compartir: