XUVENTUDE

Concursos, exhibicións e obradoiros no "Compostela Skate III"

27/05/2014

As Concellerías de Xuventude e Educación adican dúas xornadas á cultura urbana con diversas actividades como obradoiros de graffiti, skate, beatbox e break onde participarán algúns dos mellores artistas galegos. As concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao presentaron o programa de estas xornadas que se celebrarán o venres 30 e sábado 31, dentro das Festas da Ascensión.

Leer más

EDUCACIÓN

Resultado do sorteo de varias especialidades da Escola Municipal de Música

27/05/2014

No día de onte, luns 26 de maio, celebrouse sorteo público das prazas das especialidades de Preparatorio MeM (3 anos), Música e Movemento 2 (5 anos), Iniciación á Linguaxe musical 2 (7 anos), Clarinete, Guitarra Española, Saxofón, Percusión, Piano e Frauta da Escola Municipal de Música para o curso escolar 2014/15.

Leer más

EDUCACIÓN

Educación colabora na celebración do Día Internacional do Celíaco cun menú específico nos comedores escolares

27/05/2014

O Departamento de Educación, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, continúa coas actividades programadas para contribuír á divulgación entre a comunidade escolar de Compostela desta enfermidade. A Concelleira de Educación, María Castelao, participou no CEIP das Fontiñas dun xantar para celebrar o Día internacional do celíaco.

Leer más
Compartir: