MOBILIDADE

O Plan de Mobilidade en Conxo comeza o 12 de xaneiro para permitir a construción do túnel, que eliminará o 90% do tráfico de superficie

17/12/2014

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou en rolda de prensa o Plan de actuación sobre a mobilidade da rotonda de Conxo, que inclúe as solucións técnicas máis acaídas para que as alteracións no tráfico que se causen con esta obras sexan as estritamente necesarias. Para a elaboración do plan realizáronse máis de 3.700 enquisas entre os veciños da zona que permitiron facer un estudo detallado sobre os patróns de mobilidade. A obra ten unha...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde asina o convenio coa Xunta de Galicia para a construción do aparcadoiro de Pontepedriña

17/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou hoxe o convenio coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, para a construcción do aparcadoiro de Pontepedriña. Este espazo vai permitir achegar aos cidadáns unha ampla superficie ben acondicionada e comunicada para deixar o automóbil e acceder en poucos minutos ao centro do Ensanche, de forma segura, cómoda e gratuíta. As obras licitaranse nos primeiros días de xaneiro por máis de 840.000 euros.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O grupo Os Caníbales leva a Vite o seu show dos 80

17/12/2014

A Concellería de Centros Socioculturais ten organizada para este xoves 18 de decembro ás 19.30h a actuación do grupo musical Os Caníbales, co título "unha re-volta aos anos 80". Será no CSC de Vite.

Leer más
Compartir: