ALCALDÍA

O alcalde anuncia melloras na accesibilidade das vivendas do barrio de Vite grazas á súa inminente declaración como ARI

08/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a próxima declaración de Vite como Área de Rehabilitación Integral (ARI), co fin de iniciar as actuacións de mellora da accesibilidade neste barrio en 2015 e 2016. Así o indicou tras asinar co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, a cesión ao Concello de forma gratuíta de tres parcelas para uso social e docente na zona das Cancelas-Mallou. Na reunión tamén falaron das actuacións pendentes dos ARI xa declarados –Casco...

Leer más

CULTURA E EDUCACIÓN

O Grupo de Cidades Patrimonio convoca a segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"

08/10/2014

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo iso a través da realización de...

Leer más

TURISMO

Santiago promociónase na feira de turismo cultural máis importante de Italia

08/10/2014

Turismo de Santiago promocionará a cidade na TTG Incontri, a feira de turismo cultural máis importante de Italia, que terá lugar en Rimini entre o 9 e o 11 de outubro. A feira é o maior foro de contratación do sector turístico italiano, xa que nela participan a maior parte dos operadores turísticos do país, ademais dunha ampla representación de profesionais dos países do Mediterráneo, Estados Unidos e Brasil. No ano 2013 tivo máis de 52.000 visitantes.

Leer más

CONSORCIO

Santiago é unha das tres cidades europeas elixida como caso de estudo no marco dun programa sobre sostibilidade

08/10/2014

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo Fasudir, centrado na eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades. No marco desta iniciativa, a arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio Idoia Camiruaga asiste esta semana a varias reunións de traballo en Munich. O investimento total de Santiago neste programa é de 116.235,80 euros, dos que 71.404,80 euros son achegados pola Unión Europea.

Leer más
Compartir: