ALCALDÍA

O Centro de Información á Muller de Santiago atendeu máis 1.700 persoas e superou as 9.300 consultas en 2013

02/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a directora do Instituto da Muller, Carmen Plaza, visitaron hoxe o Centro de Información á Muller (CIM). O Concello de Santiago inviste máis de 200.000 euros ao ano neste centro, co obxectivo de promover a igualdade nos diferentes ámbitos, como o laboral ou o familiar, previr e loitar contra a violencia de xénero e potenciar a información á muller a través da formación, orientación laboral e profesional.

Leer más

CONSORCIO

Un músico coruñés gaña a praza de fagot para o Curso de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais

02/10/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais, con sede en Santiago de Compostela, convocou unha proba extraordinaria para cubrir a praza da especialidade de fagot para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2014-2015, debido a que quedara deserta na proba realizada no mes de xullo. Este curso está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago e diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñen como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde aposta por converter Compostela Gastronómica nunha marca promocional da nosa gastronomía durante todo o ano

02/10/2014

"A intención do Concello é converter Compostela Gastromómica nunha marca que sirva para promocionar a nosa gastronomía durante todo o ano, fomentando a desestacionalización da demanda e aumentando o gasto medio dos visitantes". Así o anunciou o alcalde, Agustín Hernández, nunha rolda de prensa para facer balance da primeira edición do certame, celebrada do 19 ao 28 de setembro.

Leer más

CONSORCIO

O Museo das Peregrinacións celebrará todas as fins de semana ata decembro obradoiros didácticos para nenos de 6 a 12 anos

02/10/2014

O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes.

Leer más

CONSORCIO

Xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo

02/10/2014

O Consorcio de Santiago vai celebrar este venres, ás 20:00 horas, unha xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para dar as coñecer as monteas do século XVIII descubertas no pavimento do templo. Trátase de debuxos a tamaño natural realizados pola cuadrilla que no seu día traballou na construción do edificio e que servían como guía aos canteiros á hora de tallar cada pedra. Contarase coa asistencia da concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón.

Leer más

CULTURA

Os canadenses Holy Fuck protagonizan o TriCiclo 6 dentro do Compostela Rock

02/10/2014

Os canadenses Holy Fuck, posuidores dun dos mellores directos do panorama alternativo internacional, chegan este venres á Sala Capitol de Santiago de Compostela para participar na sexta edición do TriCiclo, dentro do ciclo Compostela Rock. No concerto, que abrirá as súas portas ás 20:30 horas, terán o apoio visual dos galegos Theremin Tourette, actuais gañadores do FIMG 2014 (Festival Internacional de Mapping de Xirona).

Leer más
Compartir: