ALCALDÍA
O Plan Especial e o proxecto da estación intermodal redactaranse en paralelo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que xa se está a traballar para que tanto a redacción do Plan Especial de Reforma da Estación do AVE como a do proxecto arquitectónico realizaranse en paralelo. Así se acordou nas conversas mantidas entre o Concello, o Ministerio de Fomento e ADIF.
CONSORCIO
O primeiro dos inmobles do Programa de Edificios Tutelados ofrecerá tres vivendas de aluguer a baixo prezo
Un edificio situado na rúa do Medio, número 65, foi o primeiro en inscribirse no Programa de Edificios Tutelados, plan que permite recuperar vivendas en desuso da Cidade Histórica e incluílas en bolsas de aluguer. As obras de rehabilitación deste inmoble están a piques de rematar.
ALCALDÍA
Os membros da Mesa de Contratación de Obras prestarán declaración como testemuñas os días 2 e 3 de decembro
En virtude das dilixencias previas do procedemento abreviado 2473/2009, que se segue no Xulgado de Instrución nº 2 de Santiago de Compostela, os días 2 e 3 de decembro deberán prestar declaración como testemuña os membros da Mesa de Contratación de Obras: a concelleira Elvira Cienfuegos López, os concelleiros Andrés Fariña Cadenas, Albino Vázquez Aldrey e Ángel Luís Espadas Díez; a interventora municipal, o vicesecretario xeral e o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa...