XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a modificación do Plan Especial da Cidade Histórica para a construción do albergue de peregrinos de Belvís
A Xunta de Goberno aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Especial da cidade histórica e rehabilitación (PE-1) para a construción do albergue de peregrinos en Belvís. Na mesma sesión deuse o visto bo a diversas axudas para entidades comerciais, deportivas, culturais e de mocidade.
ALCALDÍA
O Concello achega 20.000 euros para o servizo de acollida do Centro Xoán XXIII
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración co director da Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Padre Frei Francisco J. Honrubia, en virtude do cal a entidade municipal achega 20.208,50 euros para o mantemento do servizo de acollida para transeúntes.
ALCALDÍA
O Concello segue a explorar novas vías de introdución das novas tecnoloxías na modernización da súa xestión
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi recibiu ao presidente da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración, Enrique Barón.
TRANSPORTE
TUSSA realizará enquisas de mobilidade no transporte público para avaliar o funcionamento do servizo
O Consello de Administración de TUSSA aprobou na súa reunión desta mañá a realización dunha serie de enquisas de mobilidade no transporte público. Tamén se acordou a instalación dun túnel de lavado na estación de autobuses.
PROMOCIÓN EOCNÓMICA
Máis de 500 persoas asisten á IV Xornada Emprende en Compostela
Un total de 521 persoas asistiu á IV Xornada Emprende en Compostela, que se celebrou no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. 429 apuntáronse nas distintas actividades programadas o encontro, e 102 asistiron á presentación en Galicia da Rede Traball@, a nova páxina web do Ministerio de Traballo que ten como finalidade facilitar a procura de emprego á cidadanía, ofrecendo recursos e servizos en liña para persoas desempregadas, empresas, persoas ocupadas e empresariado.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo agarda que "o conselleiro atope a solución ao problema que suscitou" en relación á estación do AVE
"Se isto non se soluciona xa, chegará o AVE, pero non estará a estación". Así se pronunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito das últimas declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, en relación a sinatura do convenio para a construción da estación do AVE. Con todo, manifestou o seu desexo de que "o conselleiro atope unha solución acaída ao problema que suscitou".
ALCALDÍA
O alcalde expresa as súas condolencias pola morte da Condesa de Fenosa, compostelá de nacemento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o pésame do Concello de Santiago á familia da Condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago, tras coñecer a noticia do falecemento "dunha das mulleres trascendentais na historia recente de Galicia que naceu precisamente en Santiago".