FACENDA
A Oficina de Información sobre o valor catastral do Ministerio de Facenda comezará a funcionar en Cornes o 2 de novembro
O Concello de Santiago de Compostela cedeu á Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economia e Facenda un espazo na Casa das Asociacións de Cornes para que éste último poida instalar a oficina que proporcionará información e atenderá as reclamacións dos veciños no relativo nova valoración catastral dos bens inmobles.
PERSOAL
Simulacro de evacuación no pazo de Raxoi
Ás 8:30 horas, o persoal municipal do pazo de Raxoi participou nun simulacro de evacuación. Este procedemento enmárcase na implantación do Manual de Autoproteccción, Emerxencias e Evacuación.
ALCALDÍA
Un estudo define como tranquila a vida recreativa en Santiago de Compostela
Presentouse en Raxoi o estudo A vida recreativa en Santiago de Compostela: análise do estado da situación e propostas para previr os factores e as condutas de risco asociadas á mesma, encargado polo Concello e realizado pola Universidade de Santiago. Este traballo será presentado no marco do Foro polo Civismo e servirá de marco de análise para a formulación de posibles novas medidas en relación a temas como o botellón.
ALCALDÍA
O alcalde agarda algunha solución parlamentaria á minoración de fondos para o Consorcio nos orzamentos da Xunta
Despois dunha primeira análise da proposta de orzamentos da Xunta de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou aquelas partidas que afectan á cidade de Santiago. Amosouse satisfeito con asignacións como as da Cidade da Cultura e expresou a súa preocupación pola minoración de fondos para o Consorcio de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicita á Consellería de Facenda o pago das contías pendentes en aplicación do Estatuto da Capitalidade
A Xunta de Goberno acordou solicitar á Consellería de Facenda o pago de cantidades pendentes de 2009 en virtude do Estatuto da Capitalidade. Na mesma sesión tamén se aprobaron diversas axudas para a rehabilitación de vivendas e locais do casco histórico e reaxustouse o orzamento da obra de reurbanización da avenida de Castelao.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta pola imaxinación para lograr un "gran Xacobeo"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu no Palacio de Congresos ao acto de presentación do avance da programación para o Xacobeo 2010. Despois do acto, expresou o seu convencemento de que será un "gran Xacobeo", malia a limitación dos recursos económicos.
EMPREGO
Sae á rúa o segundo número de "Máiscompostela", un boletín de ofertas de emprego gratuíto editado por Promoción Económica
O segundo número do Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela, editado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, estase a distribuír de balde en lugares de alta afluencia de persoas: centros de saúde, oficinas de emprego, servizos administrativos (oficina DNI, etc.), centros socioculturais, oficinas municipais de información á cidadanía, bibliotecas, etc. Esta publicación ten unha tirada de 1.000 exemplares.