FESTAS
Uvas, cotillón e música en directo para dar a benvida ao 2009 en Praterías
A praza de Praterías será un ano máis o lugar no que se desenvolverá a festa coa que despedirá o 2008 e se dará a benvida ao novo ano. Haberá uvas para acompañar as badaladas, cotillón, fogos de artificio e a actuación en directo da orquestra Nova Palma.
EDUCACIÓN, DEPORTE E FESTAS
Maxia, teatro e títeres en Nadalxogo
Continúa a desenvolverse Nadalxogo, que permanecerá ata o 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Para os días 29 e 30 de decembro hai previsto un completo programa de actividades extraordinarias que inclúe maxia, teatro e títeres.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica selecciona 120 participantes para o Persoa IV
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abre o 29 de decembro o proceso de presentación de solicitudes para participar no Proxecto Persoa IV, prazo que finalizará o 10 de xaneiro. Este programa experimental de emprego ten como obxectivo promover a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio á colocación) en ocupacións consideradas novos xacementos de emprego.