ALCALDÍA
Sánchez Bugallo anuncia un 2009 de políticas sociais, vivenda e infraestruturas fundamentais para a cidade
A piques de rematar o 2008, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo balance do ano e avanzou algunhas das prioridades para 2009. Este novo ano -apuntou- caracterizarase polas políticas socias, a construción de vivenda pública e solo industrial e o impulso a importantes infraestruturas para a cidade.
SERVIZOS
Unha completa guía informa aos composteláns sobre os procesos de reciclaxe e anímaos a implicarse nos mesmos
A concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano, presentou esta mañá unha nova guía que informa aos veciños dos procesos de reciclaxe e aclara calquera dúbida ao respecto. Baixo o título Reciclar querendo, esta publicación aproveita un tempo de consumo e de alta xeración de residuos coma o Nadal para intentar implicar aos composteláns na reciclaxe.
CULTURA
Celébrase no Auditorio a gran Festa Cultural do Nadal
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais está a organizar o programa de actividades Nadal Cultural, que conta coa Festa Cultural do Nadal como unha das súas propostas máis importantes. Promover o consumo responsable nestas datas, así como a reflexión arredor do comercio xusto, son algunhas das razóns que moven a Festa Cultural do Nadal, que se vai celebrar o sábado 27 de decembro, no Auditorio de Galicia, a partires das 17:00 horas.
EMPREGO
O Servizo de Atención ao Público da Bolsa de Emprego atendeu máis de 10.000 consultas en 2008
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego da Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 10.260 consultas dende xaneiro ata mediados de decembro de 2008. 6.630 peticións de información (o 64,6%) realizáronas mulleres.
CULTURA
A música de baile na zarzuela será a protagonista do segundo concerto do Festival Todo Lírica
Tras o éxito do concerto inaugural protagonizado pola mezzosoprano italiana Manuela Custer, o martes 30 de decembro celébrase o segundo concerto de Todo Lírica 2008, un ciclo promovido pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Asociación Galega da Lírica e que, baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago, se celebra dende hai oito anos durante o Nadal no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O alcalde compartiu unha xornada de lecer cos máis novos en Nadalxogo
Despois do éxito da apertura co espectáculo da Compañía de Arte Acrobático SanXia de China na tarde do Nadal, continúa Nadalxogo. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo compartir unha xornada cos máis pequenos no Multiusos Fontes de Sar.