CONSORCIO
Sar, Sarela e os monstros de Compostela
O Consorcio de Santiago pon en marcha unha nova serie dentro da súa colección infantil en colaboración coa editorial Kalandraka. Unha oportunidade para descubrir o centro histórico de Santiago aos lectores máis cativos.
BENESTAR SOCIAL
O Concello traza a súa estratexia global para promover cotas sostibles de benestar social entre os composteláns
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou o I Plan Municipal de Servizos Sociais, que abranguerá o período 2009-2013. Este documento define unha "estratexia global, dende a que promover cotas sostibles de benestar social, paro o conxunto da sociedade compostelá, para dar unha resposta de carácter integral -ao tempo que flexible e adaptada- á complexidade crecente das demandas sociais". Para 2009, o orzamento municipal para estes programas sociais será duns 800.00 euros.
EDUCACIÓN
Educación impulsa un programa de prevención da obesidade no seu calendario de actividades para o curso
Un programa para a prevención da obesidade ou outro de apoio ás ANPAS son algunhas das novidades para o curso 2008-2009 no programa de actividades da Concellería de Educación. A súa titular, Guadalupe Rodríguez, presentou o a lista completa de actividades.
XUVENTUDE
O Ciclo Importa trae a Gogol Bordello a Santiago
O xoves 11 de decembro actuará na Sala Capitol o grupo de gypsy punk Gogol Bordello, nun dos únicos tres concertos que darán en España. Trátase do segundo concerto do recentemente aberto Ciclo Importa, impulsado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa promotora SwetNocturna. Os belgas dEUS abriron este programa cunha exitosa actuación o 23 de outubro.
CULTURA
Cineuropa 2008 estrea a longametraxe galega "Flores tristes", de Manuel Abad
O compromiso co cinema galego do Festival Cineuropa 2008 continúa certificándose xornada a xornada. Na tarde do venres 21 de novembro, no Teatro Principal, estrearase oficialmente a longametraxe documental Flores tristes, dirixida polo cineasta coruñés Manuel Abad.
EMPREGO
Trinta persoas acceden ao mercado laboral en só dous meses a través do Proxecto Crear V
Trinta persoas, das 75 que participan no Proxecto Crear V, accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego empezou a desenvolver o programa, o día 15 de setembro. Esta cifra representa o 40% do total, e é cinco puntos superior aos obxectivos de inserción fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, que son de 26 participantes, o 35% do total. Está previsto que o programa remate o 31 de outubro do 2009.