ALCALDÍA
Santiago acollerá a sede do Consello Galego de Cámaras de Comercio
Unha parcela en Cancelas, a carón da que será a nova ubicación da FEGAMP, será probablemente a sede da futura sede do Consello Galego de Cámaras de Comercio. Así o ratificaron nunha xuntanza o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o presidente do Consello Galego de Cámaras de Comercio, Francisco Cruz Senra.
AUDITORIO
Inaugúrase a exposición "Marxes e mapas" no Auditorio de Galicia
O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inaugurarase a mostra Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia. A exposición é unha produción propia do Auditorio de Galicia comisariada por Chus Martínez Domínguez e Xosé Manuel Lens.
TURISMO
Preto de 5.000 persoas xa se inscribiron para algunha das visitas de Vivir Compostela
Ata o momento téñense solicitado máis de 1.300 visitas a maiores respecto á edición de 2007 de Vivir Compostela. En total, son xa 4.778 as persoas inscritas no programa, que este 2008 conta con 26 visitas e actividades gratuítas coas que os composteláns poderán ver a cidade tal como a ven os turistas.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte destina 30.000 euros á formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns
A Fundación Compostela Deporte presentou as Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas individuais composteláns 2008. A cuarta edición desta convocatoria conta cunha dotación orzamentaria total de 30.000 euros, que serán outorgados en réxime de concorrencia competitiva.