ALCALDÍA
Unhas 3.700 novas vivendas en Mallou completarán o desenvolvemento do Ensanche Norte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo visto bo ao da Xunta ao desenvolvemento do SUD-1 de Mallou, recollido no Plan Sectorial Galego do Solo Residencial presentado no Parlamento galego. Este solo é "o máis densamente edificado" que prevé o novo PXOM e suporá a creación de 3.700 novas vivendas, das que o 75% serán vivendas protexidas.
ALCALDÍA
O alcalde visitou o novo piso da Fundación Andrea destinado aos pais dos nenos hospitalizados
A Fundación Andrea adquiriu un dúplex destinado aos pais dos nenos hospitalizados con enfermidades crónicas ou de longa duración que non teñen a súa residencia en Santiago. Este inmoble está a penas a 200 metros do Hospital Clínico.
CONSORCIO
Presentados 37 proxectos ao Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008
O proxecto gañador do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008 coñecerase o martes 28 de outubro, tras xuntanza do xurado presidido polo arquitecto Xerardo Estévez. A esta segunda edición presentáronse un total de 37 proxectos de 12 países latinoamericanos, 13 proxectos máis que na anterior.
AUDITORIO
A Real Filharmonía de Galicia retoma os seus concertos didácticos no Auditorio
Os días 29 e 30 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia inicia a súa temporada de concertos didácticos no Auditorio, como unha forma diferente de aproximar a música clásica aos máis pequenos da cidade e da bisbarra.
TURISMO
Unha representación do Camiño de Kumano visita Santiago
Unha representación de cidade xaponesa de Tanabe chegará o sábado 25 a Santiago de Compostela. O luns 27, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Turismo Tanabe, Noriko Tada, asinarán no Pazo de Raxoi un protocolo de colaboración de promoción conxunta, apoiándose no feito de que o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano son os únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
TURISMO E CULTURA
A curtametraxe islandesa "Smáfuglar" gaña o Premio Internacional de Ficción de Curtocircuíto
A curtametraxe Smáfuglar, do director islandés Runar Runarsson, obtivo o Premio Internacional de Ficción da V Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto. O Premio á Mellor Curta Galega foi para o director Juan Ignacio Abia, pola súa curtametraxe Don Señor e o Home do Soño.