ALCALDÍA
O Goberno municipal asigna nome a quince rúas de Santa Marta, Castro de Abaixo e Galeras
A Xunta de Goberno aprobaou unha relación de 15 nomes cos que denominarán outras tantas rúas en Santa Marta, Castro de Abaixo e Galeras. Son os primeiros nomes da lista de 69 recentemente aprobada polo Pleno Municipal. Destes 15 nomes, 10 son de mulleres.
EDUCACIÓN
Unifícase o servizo de limpeza e control das instalacións dos centros de infantil e primaria
A Xunta de Goberno aprobou os pregos e o inicio do expediente para a contratación do servizo de limpeza, conserxería e control das instalacións dos centros públicos de educación infantil e primaria dependentes do Concello. Establécese un tipo de licitación de 1.032.040 euros e un prazo de execución de dous anos prorrogables.
UMAD
"Xoga sen graos" conciencia aos mozos composteláns sobre as consecuencias do uso e do abuso do alcohol
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, a directora da UMAD, Pilar Bermejo, e o técnico da UMAD Jorge Carballido presentaron a Campaña de prevención do alcoholismo xuvenil "Xoga sen graos". Esta iniciativa pretende sensibilizar aos 33.392 mozos do Concello sobre as consecuencias do uso e do abuso do alcohol.
MOBILIDADE
O Concello terá acceso aos rexistros de vehículos e persoas da Xefatura Central de Tráfico
A Dirección Xeral de Tráfico facilitará ao Concello de Santiago a conexión telemática directa co rexistro de vehículos e persoas. Así se establece nun convenio asinado entre as dúas institucións ao que lle deu o visto bo a Xunta de Goberno.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Renovado o uso sociocultural do local da praza de Vigo
O Goberno local acordou renovar o aluguer do local de 156 metros na praza de Vigo, por un importe de 789 euros ao mes. O contrato terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prorrogalo.
ALCALDÍA
Santiago liderará un proxecto de renovación urbana sobre cidades intelixentes
Sánchez Bugallo debaterá en Sevilla co secretario de Estado para Asuntos Europeos, Alberto Navarro, aspectos da cohesión territorial atlántica. A xuntanza celebrarase en xaneiro e contará coa participación de ministros europeos.