BENESTAR SOCIAL
O Concello achega máis de 11.000 euros á asociación Xoán XXIII para o servizo de acollida nocturna
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o representante da Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Padre Frei Francisco J. Honrubia Bonnín, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal o Concello achega a cantidade de 11.220,46 euros para o desenvolvemento do "servizo de acollida durante a noite para transeúntes".
EDUCACIÓN E INFRAESTRUTURAS
Os máis novos contarán cun espazo privilexiado na Portela para coñecer mellor o noso medio rural
O Concello recuperará unha antiga escola unitaria da Portela (Figueiras) para convertela nunha Aula de Coñecemento do Medio Rural. Os concelleiros de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentaron este proxecto de reforma e ampliación, que vai supor un investimento de 415.000 euros.
EDUCACIÓN
Máis de 200 escolares visitaron xa a mostra SANTIAGO dC
A exposición SANTIAGO dC, situada no edificio do antigo Banco de España (praza das Praterías) segue a recibir as visitas de distintos centros escolares. O mércores 17 de outubro, ás 10.00 horas, serán os do Colexio Nosa Señora dos Remedios os que realicen este itinerario didáctico. Dende o comezo destas visitas, xa pasaron pola mostra máis de 200 escolares.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "A prioridade do Concello é evitar o botellón na vía pública"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sinalou a propósito do fenómeno do botellón que o Concello "ten medios humanos e materiais limitados". Por iso, indicou, "establecemos prioridades e esas son as de evitar o botellón na vía pública".