REHABILITACIÓN
A primeira fase da rehabilitación integral de Vista Alegre comprenderá 200 actuacións e un investimento de 4,9 millóns de euros
A primeira fase da rehabilitación integral do polígono de Vista Alegre comprenderá 200 actuacións, segundo anunciou a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón. Nestas obras investiranse 4,9 millóns de euros, tal como se indica no programa-memoria desta etapa, que recolle as liñas básicas de recuperación desta zona urbana. Os propietarios de todas estas vivendas poderán solicitar en breve as axudas para as obras, segundo o previsto na Ordenanza xeral reguladora das axudas á...
LINGUA
Unha xornada analizará a importancia so software galego como elemento de normalización
"Producir, espallar, localizar…software en galego" é o título dunha xornada na que se analizará a situación da localización e da produción de software galego. Este punto de encontro situarase no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o venres 29 de setembro, ás 10:00 horas.
CULTURA
BStudio reflexiona sobre a muller a través da danza
A compañía compostelá de danza contemporánea BStudio trae ao Teatro Principal "De Meu", o seu novo espectáculo. Nesta coreografía social catro bailarinas reflexionan sobre a condición feminina. O público compostelán terá tres oportunidades para gozar da danza, os días 28, 29 e 30 de setembro, ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
Uruguai interésase polo modelo de vivenda de Compostela
O secretario xeral do Partido Socialista de Uruguai, Eduardo Fernández Arias, foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, co que falou do modelo de construción de vivenda social de Santiago. En particular, amosou interese polo funcionamento das empresas mixtas e polo sistema de expropiación dos solos.
ALCALDÍA
O alcalde agradeceu o traballo na extinción do lume aos diversos departamentos do Concello
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a representantes de diversos colectivos municipais, aos que agradeceu o traballo desenvolvido durante a vaga de incendios sufridos durante este verán no municipio compostelán.
EDUCACIÓN
Sánchez Bugallo anima aos máis novos a apreciar a música
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración dun novo curso da Escola Municipal de Música. Alí recordou que era a cuarta ocasión que participaba na apertura do curso e, tras preguntarlles aos rapaces e rapazas pola súa opinión respecto á Escola, expresou o seu desexo de que a mesma sirva para que "aprendan a apreciar a música". Tamén participou no acto inaugural a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos quen recordou a nenos e pais que "facendo música...
ALCALDÍA
Concello e Ministerio de Vivenda concretan as actuacións para a Praza de Abastos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo mantivo un encontro coa subdirectora Xeral de Arquitectura do Ministerio de Vivenda, Inés Sánchez de Madariaga, que xirou fundamentalmente entorno á remodelación da Praza de Abastos.