ALCALDÍA
Música en Compostela segue a formar a intérpretes de todo o mundo
Santiago acolle un verán máis o curso internacional Música en Compostela, un evento que se vén celebrando dende 1957. Os alumnos desta edición pasaron polo Concello, onde foron recibidos pola alcaldesa en funcións, Teresa García-Sabell.
CULTURA
Unha nova xornada de malabarismos, música e clown
O Festival d’Gorra vive o mércores 23 unha nova xornada de actuacións, onde varias compañías e artistas repiten pases dalgúns espectáculos. Non faltarán as acrobacias, a música, o humor e, sobre todo, a participación do público que se achegue ás prazas do casco antigo compostelán.
CULTURA
Fermín Romero e Fredy Fevereiro despídense de "Feitoamán"
O Calexón do Curro da Parra e o pub Borriquita de Belém acollerán, respectivamente, as últimas actuacións de Fermín Romero e Fredy Fevereiro na presente edición de Feitoamán. A cita será, como sempre, ás 22:30 horas.
DEPORTES
Santiago acolle a fase final da Copa Gallaecia de fútbol
As seleccións de Braga, Pontevedra, Porto e Vigo disputarán os días 26 e 27 de Agosto a Fase Final da I Edición da Copa Gallaecia de fútbol sub-17. Esta proba deportiva está organizada pola Fundación Compostela Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Fútbol e as asociacións de fútbol do Norte de Portugal.