EDUCACIÓN
Cita para os máis novos na Escola de Verán e no Campamento Urbano
A Escola Municipal de Verán chega á súa quinta edición e acollerá aos nenos e nenas do 27 de xuño ao 4 de xullo. Esta é a proposta do Departamento de Educación e Mocidade agora que remataron as clases, cun obxectivo semellante ao do Campamento Urbano, que neste caso se celebrará do 10 ao 28 de xullo.
FESTAS
La Oreja de Van Gogh e Joaquín Cortés, actuacións estrela das Festas do Apóstolo
Á falta de presentarse o programa definitivo, xa están perfilados os principais espectáculos das Festas do Apóstolo 2006, que este ano contarán cun presuposto de 742.144 euros. Un concerto da cantante Rosa para acompañar o pregón na Praza do Obradoiro dará inicio ás celebracións o día 15. Os pratos fortes desta edición serán os concertos de La Oreja de Van Gogh, Amparanoia e Coti, e o espectáculo de danza do bailarín Joaquín Cortés.
TRANSPORTES
O Concello solicita a integración de catro aldeas de Son na rede de transporte urbano
A Xunta de Goberno local deu o visto bo á solicitude que se lle remitirá á Dirección Xeral de Transportes para a caducidade da liña Santiago-Oza dos Ríos, da empresa Autos Grabanxa. Así, pretendese integrar na rede de transporte municipal ás aldeas de Carballal, Barral, Pereiras e Bálsoma, na parroquia de Son.
TRANSPORTE
Novos horarios de verán no transporte urbano
O vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios verán no servizo de transporte urbano. En xeral, mantense a mesma liña de reducións que en anos anteriores, pero con algunhas novidades que melloran o servizo aos cidadáns.
ALCALDÍA
O embaixador de Nova Zelanda, na Casa do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a visita do embaixador de Nova Zelanda, Geoff Ward, que se atopaba de paso pola nosa cidade.
ALCALDÍA
O futuro cuartel da Garda Civil de Santiago construirase nunha parcela de Meixonfrío
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo na mañá do luns 26 de xuño unha reunión co secretario da xerencia de Infraestruturas e Equipamento da Seguridade do Estado, Gonzalo Jar.