CULTURA
Case 130 guións participan no Compostela Plató
Preto de 130 guións, enviados de todo o territorio nacional, concursan no Compostela Plató, a primeira das actividades que desenvolve o III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06.
EMIGRACIÓN
O Concello financiará a estancia de seis anciáns santiagueses no Fogar Español de Montevideo
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio con Fogar Español de Montevideo, para subvencionar a estancia neste centro e sufragar os gastos de manutención, roupa e medicamentos de seis anciáns santiagueses. O Concello facilitará 6.000 euros a esta fin, 1.000 por ancián.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos achéganse á Praza de Abastos
Achegar aos nenos e nenas a eses lugares representativos da dinámica da cidade é o obxectivo do programa "Vivir Santiago". Un deses lugares é a Praza de Abastos, que está a acoller a visita de grupos de escolares de Santiago e da comarca, coa fin de ensinarlles o proceso de comercialización dos diferentes produtos ata chegar ao consumidor.
CULTURA
A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias no Auditorio de Galicia
A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, dirixida polo Maximiano Valdés, ofrece mañá venres un concerto no Auditorio de Galicia. O programa está dedicado integramente a D. Shotakovich.