CURTOCIRCUITO
O concurso Compostela Plató xa ten guión gañador
O guión titulado "Bichos Raros", de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, de Madrid, foi o gañador do concurso Compostela Plató, que este ano recibiu 143 guións procedentes de toda a xeografía española. O guionista elixido terá como premio a rodaxe completa da curtametraxe a partir do seu propio traballo. O filme estrearase, a escala internacional, na Gala de Clausura de Curtocircuito, o 21 de outubro de 2006.
EDUCACIÓN
Os pequenos xogan a ser axentes
Un policía local axúdaos cada día a cruzar a rúa cando saen do colexio. ¿Pero que máis saben os escolares composteláns desta persoa? Seguramente coñecen máis a un policía de calquera serie televisiva que a ese home uniformado que forma parte da súa rutina diaria. Co fin de acabar con este descoñecemento xorde Vivir Santiago, unha iniciativa que está levar ós máis novos a coñecer a súa cidade, os seus moradores, o seu funcionamento.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu ós representantes de COGAMI
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a unha representación da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) na Casa do Concello.
LINGUA
Nova edición de Correlingua
Centos de rapaces reuníronse, primeiro na Praza da Quintana e logo na Praza do Obradoiro, nunha nova edición de Correlingua, a carreira que en prol do idioma se convoca cada ano en distintos puntos da xeografía galega.
FUNDACIÓN GRANELL
Charla sobre o vodú na Fundación Granell
Como actividade complementaria á exposición de fotografía "O camiño negro de Santiago. Vodú", o artista, Luís López, "Gabú", ofrece unha charla sobre as súas vivencias persoais cos oficiantes e crentes, que forman a estrutura das practicas máis escurantistas da relixión vodú en Haití. Será o venres 11 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias do Pazo de Bendaña.
EIXO ATLÁNTICO
A localidade portuguesa de Gaia convírtese no centro artístico da Eurorexión
Vila Nova de Gaia convertiuse na capital da arte do Eixo Atlántico, ao acoger a cerimonia de entrega dos premios da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O escenario del acto foi a Casa Museo Teixeira Lopes, onde se atopa a exposición coas 40 obras seleccionadas nesta edición do certame plástico.