CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas actividades no CSC das Fontiñas
O Centro Sociocultural das Fontiñas organiza varias actividades para o trimestre que vai de abril a xuño dirixidas a nenos e adultos.
CULTURA
Antón Lopo presenta o "Libro dos amados"
O xoves 7 de abril ás 19.30 horas no Casino de Santiago presentarase a obra de Antón Lopo Libro dos amados, sétima entrega da colección Poeta en Compostela, editada conxuntamente pola Concellaría de Cultura e o Grupo Correo Gallego, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega.
DÍA DA ÁRBORE
Estudantes composteláns plantan árbores no Parque de Eugenio Granell
Arredor de 150 rapaces de entre 4 e 12 anos de idade participaron na plantación de árbores que tivo lugar no Parque de Eugenio Granell, sito no Restollal, con motivo da conmemoración do Día da árbore e do Día Mundial da auga, celebrados os pasados 21 e 22 de marzo, respectivamente.