EDUCACIÓN
Nova Carta de Cidades Educadoras
O Pleno celebrado o 31 de marzo aprobou o texto da nova Carta das Cidades Educadoras.
ALCALDÍA
Alumnos do CEIP Colexiata de Sar entrevistan ao Alcalde
Rapaces de 5º do CEIP Colexiata de Sar achegáronse á Casa do Concello co fin de entrevistar ao Alcalde compostelán para a revista "Raiola", que edita anualmente o seu centro.
MEDIO AMBIENTE
Rapaces composteláns plantarán árbores no Parque Eugenio Granell
Perto de 150 rapaces de entre 4 e 12 anos de idade participarán na plantación de árbores que terá lugar o xoves 7 de abril, a partir das 10.30 horas no Parque Eugenio Granell, sito no Restollal, con motivo da conmemoración do Día da árbore e do Día Mundial da auga, que tiveron lugar, respectivamente, os pasados 21 e 22 de marzo. Os rapaces pertencen aos Colexios Lamas de Abade e Ramón Cabanilas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Títeres Cascanueces celebra o seu décimo aniversario no CSC de Vite
Con motivo da celebración do seu décimo aniversario a compañía de Títeres Cascanueces realizará varias representacións no Centro sociocultural "José Saramago" de Vite os próximos días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 de abril.
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Música
Do 2 ao 16 de maio (ambos inclusive) poderán reservar praza os alumnos da Escola Municipal de Música do Concello de Santiago que queiran volver a matricularse. O prazo de preinscrición para novos alumnos vai do 2 ao 27 de maio e, unha vez admitidos, poderán formalizar a matrícula do 6 ao 17 de xuño.