MERCADOS
A reforma da Praza de Abastos pasa por unha revitalización comercial
Pere Xavier Sirbent, xefe de proxectos do Instituto Municipal de Mercados de Barcelona, e Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Comercio e Mercados do Concello, visitaron a Praza de Abastos de Santiago, a fin de coñecer as características e os plans do Concello para a remodelación comercial e arquitectónica deste recinto.
MEDIO AMBIENTE
Fallo do sorteo da campaña de fomento da reciclaxe
21 cidadáns gañadores do sorteo da campaña para o fomento do uso corrector dos colectores amarelos.
Un total de 21 cidadáns foron premiados no sorteo no marco da campaña informativa sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, convocado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Santiago.
EDUCACIÓN
Volven os concertos didácticos de música tradicional aos centros escolares
Esta proposta didáctica pretende achegar a música tradicional e a formación musical aos escolares de educación primaria e secundaria en horario lectivo. Arredor de 3.500 neste curso escolar.
ORZAMENTOS
Apróbanse inicialmente os orzamentos para o 2005
O pleno celebrado o luns 11 de abril aprobou inicialmente o proxecto de orzamentos para o ano 2005, así como o cadro de persoal.