EDUCACIÓN
Contacontos e talleres de ilustración e de escrita creativa para os nenos composteláns
No acto de inauguración da V Campaña de Animación á Lectura "Palabras no bosque" estiveron presentes representantes da Editorial Kalandraka, a Concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos e o xerente de Sargadelos, José Luís Vázquez Montero.
SERVICIOS SOCIAIS
O programa de apoio a familias separadas é pioneiro en España
En colaboración coa Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela e o departamento de Servicios Sociais do Concello de Santiago, ponse en marcha o programa "Ruptura de parella, non de familia" para o apoio aos membros de familias separadas.
CULTURA
O teatro e o concerto de Lhasa, estrelas da programación cultural para abril
O concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, presentou a programación do seu departamento para o mes de abril, na que o teatro ocupa un lugar destacado pero na que tamén son salientables o retorno do ciclo Sons da Diversidade coa canadense Lhasa, os concertos de música clásica e didácticos ou a presentación do novo espectáculo do Ballet Rei De Viana Lumieira.
ALCALDÍA
Asínase o convenio para a construción do parque comarcal de bombeiros
En 26 días abrirase o prazo para a presentación de plicas coas ofertas para a construción do edificio e, segundo anunciou o Alcalde compostelán, será no mes de xuño cando se coloque a primeira pedra, de xeito que o Parque Comarcal podería ser efectivo antes de finais do próximo ano.
ALCALDÍA
A comarca de Santiago ultima os trámites para a posta en marcha do Plan de Transporte
Os concellos da comarca de Santiago manterán unha reunión o vindeiro martes, 5 de abril, para "abordar os últimos flecos" derivados do Plan de Transporte Comarcal, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa habitual rolda de prensa semanal.