EMIGRACIÓN-INMIGRACIÓN
Semana de educación intercultural
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, recibiron na Casa do Concello aos representantes dos centros educativos que participan na semana de educación intercultural.
REAL FILHARMONÍA
Ros Marbà dirixe O Mesías de Haendel coa Real Filharmonía de Galicia
O xoves 22 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, dirixirá O Mesías de Haendel.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Entréganse os premios Manuel Beiras 2005
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o Presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey Carril, presidirán o acto de entrega dos Premios "Manuel Beiras 2005" durante a noite do martes 20 de decembro. Ao acto asistiron tamén o Concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Portas Fernández, e o presidente do xurado, Evaristo Nogueira, entre outros membros do xurado e de diversas entidades relacionadas co idioma e co mundo empresarial.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Nadalxogo, nova cita cos rapaces no tempo de Nadal
Unha nova edición de Nadalxogo, espazo de lecer para os rapaces da cidade convertido xa nunha cita tradicional do Nadal, comezará a desenvolverse desde o martes 27 de decembro ata o mércores, 4 de xaneiro, no Multiusos Fontes do Sar.