CONVIVENCIA

Protección Civil realizou 600 intervencións o ano pasado, case o dobre que en 2014

31/03/2016

Protección Civil de Santiago participou en 2015 en 599 operativos, fronte aos 314 do ano anterior. Deste xeito, a agrupación segue reforzando a súa presenza e a súa participación en distintas actividades que se realizan non só na capital galega, senón tamén na súa contorna. Así se recolle na memoria que hoxe presentaron a xefa de Protección Civil, Begoña del Río, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. O edil quixo felicitar á agrupación polo seu labor, "fundamental...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O circuíto estatal Danza a Escena chega ao Teatro Principal co Ballet Carmen Roche

31/03/2016

Danza a Escena, o circuíto artístico promovido polo INAEM e desenvolvido por La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales de titularidade pública, recala por vez primeira Santiago de Compostela. Será este próximo sábado, 2 de abril, coa representación da obra Coreógrafos españoles de Norte a Sur, unha produción que asina o Ballet Carmen Roche. Será no Teatro Principal ás 20:30 horas.

Leer más

CONVIVENCIA

Compostela pechou 2015 sen vítimas mortais en accidentes de tráfico

30/03/2016

O ano 2015 pechouse en Santiago de Compostela sen vítimas mortais en accidentes de tráfico no ámbito de competencias da Policía Local, un balance moi positivo que se produce por segundo ano consecutivo. A Policía Local relaciona esta boa evolución cunha maior concienciación da sociedade sobre os problemas do tráfico, e tamén cun incremento da vixilancia sobre as prácticas de risco dalgúns condutores. O balance foi o presentado en rolda de prensa polo inspector da Policía Local José Antonio Pena, a...

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago asina un convenio coa USC para a redacción do Plan Director do edificio da Facultade de Xeografía e Historia

30/03/2016

O Consorcio de Santiago celebrou este mércores a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No marco da xuntanza, presentouse á nova interventora do Consorcio, Consuelo Lage Ferrón, interventora territorial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas da Coruña, en substitución de Emilio Vázquez Salgado por xubilación.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde e o presidente da Xunta achegan posturas en proxectos claves para Compostela

30/03/2016

xO alcalde de Santiago e o presidente da Xunta reuníronse este mediodía no Parlamento Galego, no segundo encontro entre ambos dende a toma de posesión de Martiño Noriega. A xuntanza fora solicitada polo rexedor, para abordar cuestións de vital importancia para Compostela como a estación intermodal, a política aeroportuaria ou a construción da variante de Aradas.

Leer más

PLENO

O Pleno aprobou a participación de Compostela nun programa europeo para a loita contra a pobreza urbana

29/03/2016

A Corporación municipal debateu este martes, nun pleno extraordinario, a participación de Compostela no programa europeo UrbanInnovativeActions (UIA), que se convoca neste 2016 por vez primeira. O Goberno local aspira a incorporarse á iniciativa cun proxecto que leva por nome GREEN4HOPE e que aborda a loita contra a pobreza urbana a través do desenvolvemento ecosocial. A adhesión saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG, coa abstención do PP.

Leer más
Compartir: