ALCALDÍA
Inaugurada no Hostal a exposición "Mirar Japón", de J.F. López "Francés"
Coincidindo coa visita do príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, Casa Galicia Japón organiza no Hostal dos Reis Católicos a exposición "Mirar Japón", do escultor compostelán José Francisco López "Francés". O alcalde, Ángel Currás, asistiu á inauguración da mostra.
CULTURA
Xoel López pecha a temporada do ciclo Íntimo & Acústico no Teatro Principal
Xoel López presenta o seu novo disco Atlántico nun concerto no Teatro Principal. Será o venres 21 de xuño, ás 21:00 horas, pechando a temporada do ciclo Íntimo & Acústico. Abrirá a velada David Quinzán, músico habitual de Xoel López e Álex Ferreira. As entradas está á venda a 12 euros e 10 euros na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no teléfono 902 434 443.
ALCALDÍA
O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, visitará o Concello
O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, chegará a Santiago de Compostela o vindeiro sábado, 15 de xullo. Realizará unha visita oficial á sede do Concello de Santiago en resposta á asistencia hoxe do alcalde, Ángel Currás, á recepción ofrecida polos Príncipes de Asturias á Súa Alteza Imperial en Madrid.
TURISMO
Santiago de Compostela é o oitavo destino urbano máis competitivo de España
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, valorou nunha rolda de prensa celebrada os resultados do estudo Urbantur: Monitor de competitividad turística de los destinos urbanos españoles, elaborado por Exceltur, entidade que agrupa a 24 dos grupos empresariais máis importantes do sector turístico do país.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Asociación de Veciños de Guadalupe pechou o calendario de actividades do curso cun acto no CSC de Vite
A Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, celebrou o peche das súas actividades deste curso no Centro Sociocultural José Saramago de Vite. Atendendo o convite da súa directiva, o concelleiro de Centros Socioculturais participou no acto. Francisco Noya agradeceu aos usuarios a participación nas actividades e felicitando á presidenta da Asociación, Isolina Barreiro, polo seu traballo.
XUVENTUDE
O CSXM do Ensanche exhibe a exposición "O meu mundo bonequil", de Soraya Redondo
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposición O meu mundo bonequil, da artista compostelá Soraya Redondo. A mostra estará aberta ata o 29 de xuño.
FESTAS
Festas asina un convenio coa editorial MIC para a realización dos programas e dunha revista para o Apóstolo
A Concellaría de Festas vén de asinar un convenio de colaboración coa editorial MIC polo que esta empresa correrá cos gastos de imprenta dos 30.000 programas do Apóstolo, dos 20 muppies e, por primeira vez, dos 10.000 exemplares dunha revista que editarán.
XUVENTUDE
Rebeca Domínguez felicita ao grupo PREMIR pola súa elección como centro asociado pola Universidade de Oxford
Tras dous anos de relación coa UCAM, PREMIR crea o Instituto Superior para ofertar tres Cursos de Adaptación a Grao, tres Graos online e un Máster. Esta formación complementarase con cursos de alta cualificación en inglés co sistema da Universidade de Oxford.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Presentado o novo "Vocabulario galego-italiano de gastronomía e hostalería"
Presentouse no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, o Vocabulario galego-italiano de gastronomía e hostalería. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou no acto, celebrado ante empresarios.
PLENO
Apoio do Pleno municipal á demanda de devolución da totalidade dos seus aforros aos afectados polas preferentes e subordinadas
O Pleno da Corporación acolleu unha sesión extraordinaria na que se abordou a situación dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigas subordinadas. Os tres grupos municipais expresaron o seu apoio a estes afectados e demandaron a devolución da totalidade dos seus aforros.