ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na inauguración do Centro de Atención Social Continuada "Vieiro"
O alcalde participou esta mañá na inauguración do Centro de Atención Social Continuada "Vieiro", que Cáritas Diocesana de Santiago abriu na rúa de Carretas. Martiño Noriega sinalou que o Concello "valora de forma moi positiva a labor que a entidade ven desenvolvendo na cidade en distintos ámbitos". Tamén agradeceu o compromiso de Cáritas Diocesana e o seu traballo para que este centro sexa unha realidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Unhas 1.400 persoas participarán este sábado no IV Foro Emociona
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o IV Foro Emociona, acompañado da directora deste encontro, Ana Framiñán. A cita é este sábado, 18 de novembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, cunha participación estimada de 1.400 asistentes, consolidando así este Foro como un referente a nivel nacional neste ámbito da educación emocional e social.
TURISMO
O Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022 inclúe unha enquisa aberta á participación cidadá
As persoas residentes en Santiago interesadas en colaborar na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago poden xa cubrir unha enquisa dispoñible na páxina web do Concello. A enquisa é unha das principais ferramentas deseñadas para recoller as múltiples opinións que hai na cidade sobre a situación do sector e o seu futuro.
ACCIÓN CULTURAL
O actor Leonardo Sbaraglia recolle o Premio Cineuropa
Este martes preséntase intenso en canto a citas cinematográficas. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega do Premio Cineuropa ao actor arxentino Leonardo Sbaraglia; ás 22:30 h celebraranse dúas estreas galegas no Salón Teatro e no Teatro Principal e, ao longo da xornada, realizaranse presentacións e coloquios de varios filmes galegos que están a acadar un éxito notable de público e crítica.
ALCALDÍA
O alcalde inaugurou Fairway, II Forum do Camiño
Fairway, Forum do Camiño de Santiago, inaugurouse este domingo no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, nun acto presidido polo alcalde, Martiño Noriega. Tamén participaron os directores de Fairway, Ana Trevisani e Tono Mugico; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director de zona de Correos, Ángel Pérez.
POLÍTICAS SOCIAIS
As 15 Cidades Patrimonio declaran o apoio a Medina Azahara na súa aspiración a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, participou este sábado en Córdoba na Asemblea de Alcaldes das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na mesma, o Grupo subscribiu unha declaración de apoio a Medina Azahara para ser declarada como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, na súa reunión do próximo mes de xuño en Vietnam.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o da muller agredida este mércores en Elda (Alicante) e que faleceu esta pasada noite.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello dedicará medio millón de euros a bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares
A Xunta de Goberno aprobou este venres a ampliación da dotación orzamentaria prevista na convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o curso 2017-2018. O incremento é de case o 39%, de xeito que a partida para as bolsas achegarse ao medio millón de euros, fronte aos 360.000 euros previstos inicialmente.
MEDIO AMBIENTE
Tropaverde organiza dous obradoiros para restaurar computadores refugados
No marco da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, Tropa Verde organiza dous obradoiros o xoves 23 de novembro. Realizaranse nos centros socioculturais de Vite (17:00 h) e do Ensanche (19:30 h). Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello coas empresa Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.
ACCIÓN CULTURAL
O ciclo #CapitalBlues trae a Santiago de Compostela a Nikki Hill e Ash Grunwald
O vindeiro domingo, 12 de novembro, a artista de San Luis (Missouri) Nikki Hill volverá encher o escenario da Sala Capitol de soul, rock e rythm and blues. É o segundo concerto de Hill en Compostela tras unha primeira visita en 2014 na que xa deu mostra do bo facer musical desta artista, á que atribúen influencias de grandes referencias do R&B como La Vern, Ruth Brown e Etta James e a na que tamén atopamos pegada da fereza e enerxía de Little Richard. A súa actuación forma parte do ciclo de concertos #CapitalBlues, que conta...