FACENDA

Santiago subscribe a Declaración de Zaragoza en demanda dun sistema tributario máis xusto para as administracións locais

17/09/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, participou este xoves en Zaragoza nun encontro cos responsables desta área das concellos de Madrid, Barcelona, Alicante, Zaragoza, Badalona e A Coruña. Estas sete cidades subscribiron a Declaración de Zaragoza, a través da cal solicitan ao Goberno central unha reforma do sistema tributario aplicado ás administracións locais e unha maior autonomía financeira.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece novos concertos gratuítos en Conxo e Bonaval

17/09/2015

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Dentro deste propósito, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director...

Leer más

DEPORTE

Este luns darán comezo as obras de mellora no campo de fútbol de Conxo

17/09/2015

O Goberno local, da man da Concellería de Deportes, amósase satisfeita por ter sido quen de desbloquear as dúas obras de mellora do campo de fútbol de Conxo, cuxos expedientes foron aprobados en marzo, pero sen que se deixase pechado o proceso de licitación. A adxudicación definitiva de ambos contratos levouse a cabo na Xunta de Goberno Local con data de 7 de agosto e a sinatura dos contratos para a súa execución, 15 días despois da adxudicación.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Redrum Teatro estrea "Noiteboa" no Teatro Principal de Santiago

16/09/2015

Este xoves 17, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de setembro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a estrea de Noiteboa, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro. As funcións serán ás 20:30 horas e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días de evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. O prezo é de 10 euros (7 € no anfiteatro).

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Constituída a Mesa polo Emprego, que marca coma obxectivo o deseño dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade

16/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiron a constitución da Mesa polo Emprego de Santiago de Compostela, que reúne aos axentes sociais e económicos implicados nesta materia, como Universidade de Santiago, sindicatos, Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación Hostalería Compostela e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Leer más

CONSORCIO

Seguen os concertos nos barrios da Real Filharmonía de Galicia

16/09/2015

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da...

Leer más
Compartir: