URBANISMO
Emuvissa urbanizou solo para case 3.700 vivendas protexidas en 2009
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, indicou que a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) é unha empresa que se autofinancia, presenta na actualidade un notable equilibrio financeiro que se reflicte nun fondo de manobra positivo de 3 millóns de euros, non ten risco de liquidez e non ten débedas con entidades de crédito. "Nestes tempos esta é una inmellorable nova que non gusta aos que non miran polo interese xeral da cidade nin se preocupan polas políticas de vivenda social", engadiu.
URBANISMO
Enerxía a pedais en prol do aforro e dun urbanismo sostible
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na praza Aurelio Aguirre de Conxo a Árbore Urbana promovida pola Asociación Sostibilidade e Arquitectura (ASA) en colaboración co Concello. Permanecerá instalada durante 15 días e pretende concienciar os cidadáns sobre o aforro enerxético e o urbanismo sostible.
TURISMO
A terceira edición de "Santiago(é)Tapas" alcanzou as 35.000 tapas consumidas por composteláns e turistas
A terceira edición de Santiago(é)Tapas rematou o 4 de xullo con 35.000 tapas consumidas nos 56 establecementos participantes, que ofertaron 109 creacións distintas, segundo os datos que presentou o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. Ademais, repartíronse máis de 9.000 Tapasportes entre composteláns persoas procedentes de toda Galicia, España e países como Italia, Francia, Alemaña, Reino Unido, Portugal, EEUU ou Canadá.
FESTAS
Yolanda Castaño e Jorge Mira darán a benvida ás festas do Apóstolo
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de festas do Apóstolo 2010. En pleno Ano Santo, as festas da cidade preséntanse con 16 días (16-31 de xullo) "cheos de grandes actuacións e concertos en diferentes escenarios da cidade, como a praza do Obradoiro, Quintana, Toural e Alameda", apuntou.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha mostra fotográfica amosa o valor único das Cidades Patrimonio da Humanidade
A Casa das Asociacións acollerá ata o 31 de agosto a exposición fotográfica Cidades Patrimonio da Humanidade. Trece xoias de España. Esta mostra, organizada por La Fábrica e co patrocinio de Caja Duero, exhibe o retrato que destas cidades realizou o fotógrafo José Manuel Navia.
COMERCIO
O programa "Volta ao cole" promoverá as compras de outono nos comercios de Santiago de Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Concurso de promoción comercial Volta ao cole, aprobado en Xunta de Goberno. Este programa pretende potenciar as compras nos establecementos comerciais na cidade durante o outono, promover a adaptación dos comercios ao mercado actual e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción dos consumidores.
ALCALDÍA
Os Institutos Históricos de Galicia poñen en valor o seu patrimonio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os participantes nas IV Xornadas de Institutos Históricos: cultura, educación e patrimonio.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o protocolo de pernocta nos pavillóns deportivos municipais
A Xunta de Goberno aprobou o protocolo para o uso dos pavillóns polideportivos municipais como lugares de pernocta alternativos. Na mesma sesión, deuse o visto bo a diversas contratacións e autorizáronse as novas tarifas do servizo de taxi.
ALCALDÍA
O alcalde agradece ao Corpo Nacional de Policía a súa contribución a facer de Santiago unha cidade segura
O Corpo Nacional de Policía realizou un acto conxunto no que se presentaron os Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) e se entregaron os diplomas de recoñecemento a xubilados da Xefatura Superior de Policía de Galicia.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
Ábrese o prazo para votar o mellor balcón do II Concurso de Balcóns "Flores na cidade"
Unha vez rematado o prazo de presentación para o II Concurso de Balcóns "Flores na Cidade", ábrese o prazo de votacións para elixir o premio do público ao mellor balcón de entre os 64 inscritos. Poderá facerse dende o 7 de xullo, ás 8:00 horas, ata o 15 de xullo a través dun enlace nesta páxina web. No microsite ao que este remite poden verse as bases do concurso e as fotografías dos balcóns inscritos, e votar as...