PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Novas rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Os próximos itinerarios teñen como protagonistas o barrio de San Pedro, os espazos de arte e a auga.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Santiago acollerá en maio a final galega da segunda edición do Club de Debate
O Club de Debate é un programa de promoción do uso da lingua que organizan conxuntamente os servizos de normalización lingüística de varios concellos. Co fin de por en marcha a segunda edición desta iniciativa, asinouse en Raxoi unha addenda ao protocolo de colaboración xa existente, no que participan os concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.
BENESTAR SOCIAL
O equipo Urbana Santiago Norte inicia unha campaña de Nadal de recollida de xoguetes
Coa chegada do Nadal, o Equipo Urbana Santiago Norte - Servizos Sociais pon en marcha unha campaña co obxectivo de recoller xoguetes para alegrar estas datas aos nenos e das nenas máis desfavorecidos/as da área incluída programa Urbana. A iniciativa leva por título Compar-T un xoguete.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello e o Santiago Futsal organizan un ciclo de charlas nos centros socioculturais
Presentouse en Raxoi o convenio entre o Concello e o Santiago Futsal, en virtude do cal o club compostelán realizará un ciclo de charlas formativas polos diferentes Centros Socioculturais da cidade, baixo o lema "Futsal para todos".
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Encontro cos Axóuxeres Dixitais no Centro Sociocultural do Ensanche
A Concellería de Educación e Normalización Lingüística anima os pais e nais a levar os seus nenos de entre 3 e 6 anos aos Encontros Dixitais dos Axóuxeres. A cita é mañá sábado, 17 de novembro, ás 18:30 horas, no CSC do Ensanche.
CULTURA
Micah P. Hinson & The Juniors Arts Collective e Timber Timbre en Cineuropa
Continúa a programación de Cineuropa Concerto e o domingo 18 chegan a Compostela Micah P. Hinson & The Juniors Arts Collective e Timber Timbre para dar un concerto a partir das 20:00 horas na Sala Capitol. As entradas, a 17 €+gastos anticipada, e 21 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Ticketmaster, Ticketea e A reixa Tenda. Despois de Hinson estarán en Cineuropa Concerto a Real Filharmonía de Galicia, Kiko Veneno, Najwa Nimri, The Winning Numbers e Julio de la Rosa.
PREMIO
O espectáculo 3D dos Fogos do Apóstolo 2012 recibe o premio ao mellor evento cultural europeo
O espectáculo realizado pola empresa GPD nos Fogos do Apóstolo de 2012 obtivo o premio ao mellor evento cultural europeo. A montaxe conseguiu ata seis premios nos European Events Awards, cuxa cerimonia se celebrou na noite de onte en Milán.
CINEUROPA
Cineuropa premia o cine rupturista e explorador da condición humana do director portugués Pedro Costa
O concelleiro de Relacións Institucionais, Participación Cidadá, Centros Socioculturais e Festas, Francisco Noya, entregou o Premio Cineuropa ao cineasta portugués Pedro Costa. A cerimonia completouse coa estrea en España do filme Centro Histórico, dirixido polo propio Pedro Costa e por Víctor Erice, Aki Kaurismaki e Manoel de Oliveira.
CULTURA
A Unión Musical de Cabral gaña a terceira sección do VI Certame Galego de Bandas
Celebrouse a primeira xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia. A Unión Musical de Cabral resultou gañadora na terceira sección despois de que o xurado lle concedera 329 puntos, cun premio de 1.500 euros. En segundo lugar quedou a Banda de Música Santiago de Arteixo, con 291 puntos e un premio de 1000 euros, e no terceiro posto, con 266 puntos, a Banda de Música a Lira de Ribadavia, cun premio de 500 euros.
MULLER
Dezasete mulleres participaron no Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero organizado polo CIM
Clausurouse o Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero que a Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia, organizou durante os días 7, 9, 12 e 14 de novembro. Asistiron 17 mulleres.