IGUALDADE
Minuto de silencio pola nena asasinada en Santa Cruz de Tenerife, vítima de violencia vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola menor asasinada en Santa Cruz de Tenerife, vítima de violencia vicaria.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Estréase "Do bosque ao banquete", un xogo organizado pola rede de Centros Socioculturais que permanecerá operativo durante un ano
A rede de Centros Socioculturais programou para esta tarde "Do bosque ao banquete", un xogo que ten como obxectivo difundir a historia do Banquete de Conxo e o segredo das árbores. A estrea deste pasatempo terá lugar ás 19:15 horas, no Bosque do Banquete de Conxo, e poderase xogar individualmente, en familia ou en grupos de amigos/as.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio lideran a organización de eventos con todas as garantías sanitarias e de seguridade
O Foro Cidades Patrimonio, Cidades de Cultura reúne a expertos nacionais e internacionais de Alemaña, Francia e Italia os días 14 e 15 de Xuño en Alcalá de Henares. O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, inaugura o luns un Foro que se celebra de forma presencial e telemática, que clausurará o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez. Asiste tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O concelleiro de Políticas Lingüísticas presenta a memoria do departamento correspondente a 2020
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou hoxe a memoria do departamento de Lingua Galega do ano 2020. Un ano condicionado pola pandemia da covid-19 e as medidas sanitarias adoptadas. Tamén destacou o cambio de localización do departamento, que, igual que o Espazo Apego, se trasladou á rúa da República do Salvador, 12. En total, o ano pasado desenvolvéronse 14 programas, dos que dous, Enreguéifate e Galegoempresas, acaban de ser distinguidos pola Coordinadora de Traballadoras/es de...
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa de na cuarta edición do Foro das Cidades Madrid IFEMA 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano das cidades
Xosé Sánchez Bugallo intervirá esta tarde telematicamente na sesión titulada "Cidades próximas, cidadáns conscientes. A participación da ciudadanía como palanca de transformación", xunto a Gabriel Mraida, presidente do Instituto de Vivenda da Cidade, Ministerio de Desenvolvemento Humano e Hábitat da cidade de Bos Aires (Arxentina); Andrés Torquemada, segundo tenente de Alcalde e concelleiro de Goberno Interior, Persoal e Participación Cidadá do Concello de Segovia; e Sara Hernández,...
EDUCACION
Ata o 16 de xuño está aberta a inscrición no programa de conciliación e aprendizaxe English Summer School
Ata o 16 de xuño está aberta a inscrición no programa "English Summer School", unha proposta educativa de conciliación e aprendizaxe, enmarcada en Educa-Concilia, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 30 de xullo de 2021 (ambos os dous inclusive). Son en total, 75 prazas de conciliación, que se suman ás que quedan vacantes nos Centros Socioculturais do Rural e que aínda están sen solicitar neste momento: catro no CSC de Figueiras, dúas no de Lavacolla, e tres en Villestro.
MOCIDADE
O ciclo de cine ao aire libre programará tres películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes
A Concellaría de Mocidade programa un novo ciclo de cine ao aire libre, que terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño, no paseo central da Alameda de Santiago, a partir das 22:30 h. Neste ciclo emitiranse tres películas, previamente seleccionadas pola cidadanía entre un listado ao que se pode acceder desde o facebook Mocidade Compostela, que estará activado entre hoxe, 9 de xuño, e o próximo luns, día 14.
OBRAS
A concellaría de Obras ten planificadas para o que resta de ano 19 actuacións, das que catro están adxudicadas
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, realizou hoxe unha valoración do estado de execución das distintas actuacións programadas polo seu departamento para 2021. Son un total de 22, dúas delas xa rematadas, que axudarán, sinalou o concelleiro, "na recuperación económica e na creación de emprego".
ACCIÓN CULTURAL
A poesía popular e a ópera únense no Respira!
A segunda do xornada do festival acolle o luns día 21 de xuño as
regueifas de Manolo Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto xunto á ópera sonora ‘salt itinerary’ de Miguel Azguime, que se presenta no Teatro Principal a partir das oito e media da tarde.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O corpo de Bombeiros cumpre cen anos como servizo municipal
Esta mañá o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitou o parque de Bombeiros con motivo da celebración do seu centenario como servizo municipal. A explanada de entrada ao parque acolle unha exposición dos vehículos históricos máis importantes cos que contou o corpo dende a súa posta en marcha, restaurados, na súa meirande parte, polos propios integrantes do corpo.